basal

Conceito relato. BASAL . Disco Filme que conceta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa.

As canción unidas pola narrativa visual e cotiá da artista, no seu hábitat, con reminiscencias da adolescencia , nesta segunda revolta na que está, a que muitas xa chaman: Plenopausia.

A arquitectura civil da sua comarca (variada, indiana, labrega, mariñeira, ecolóxica…) engarzada pola arquitectura sonora da sua filla Lua Avel con diversidade funcional que ten un ouvido privilexiado e é guia e inspiración para o útero creativo da artista. Tamén as cancións patrimoniais de sua mai Isabel do Roxego, unha cantora popular de cerna con exquisita sensibilidade para a interpretación estarán presentes, unindo asi árvore xenealóxica femenina.

Desde a sua particular maneira de ver a psicoloxía e a música o discofilme Basal leva intrínsica unha carga educacional para o desenvolvimento persoal, asignatura perpétua da humanidade. Esta é unha das teimas básicas de Pedreira, a saúde individual e colectiva a través da arte. Cómo a música repercute no noso cerebro e somatizase no noso corpocasa. Estas reflexións e estudos serán parte do potcast Basal que complementa a comprensión xeral da obra.  

Basal é unha fusión de estilos diversos pintando a música galega desde o magma da composición. Xoga co manouche, arrisca nunha nova ranchera, conectase co blues, aporta un fado hard cord, retoza nese rock de chavalada da nosa Galiza vilega, ainda hoxe existente en garitos, palleiras e garaxes, explora cos sons que se identifican coa prática do ioga, ou coa biblioteca sonora dunha cociña, engarza a jota coa txalaparta e ritmos de latinoamérica, fai conversa tecno cun alalá , fai  translúcida a expresión vocal…

Desta vez embarcase con diferentes gremios musicais e comunidades para realizar este concepto circular basálico, desta vez comparte as suas cancións con outros compositores amigos . Colaboración, co-inspiración e co-creación, símbolos da Matriztica son valores que propaga Basal como pedreiros de convivencia.