Sabendo que toda arte é panxea, imos buscar as formas mais xenuinas, donde reside a flor orixinal para agromar en forma de canción e mostrala no palco aprofundizando no desenvolvemento persoal.
Aulas on line individuais gardando privacidade.
Aulas colectivas.
Opción 1. Construcción de cancións. Asesoramento. A xestualidade.
Opción 2. Coreografias sociais. Construcción colectiva e posta en escena dunha canción.
Motivo. Conseguir expresar ideas e sentimentos facendo a tua propia canción o mais auténticamente proxima á tua personalidade e pensamento, na procura dunha coerencia comunicativa, contigo e co outrx que mira e escuita. Tanto se comezas de novo como se desexas virar as tuas creacións hacia outro lugar, independentemente do xénero musical.
LINGUAS. Galego, castellano, português, galego de Asturias.
+info:
A escrita transita por 3 vias:
Exploracións:
O Basal é un obradoiro de escrita persoal e creativa impartido por Lidia Luna, en galego e castelán, arredor das letras das cancións que pertencerán a Basal, o novo proxecto musical de Ugia Pedreira.
Neste obradoiro partiremos das letras de Basal, explorando o universo persoal mais primoxénito, mais orgánico e fundamental da autora, e conectaremolo con cada persoa inscrita no obradoiro, centrándonos no esencial: o noso xeito único de ollar o mundo, de transformar a mirada en expresión creativa a través da escrita e da cartografía poética con apoio da fotografías, estampas sonoras, debuxos e outros rexistros novos que iremos averiguando.
Servizo para:
Músicos, interpretes, poetas, autores-as e artistas individuais, políticos-as, grupos, coletivos, asociacións, agrupacións, festivais, xornadas, foros, galas,recitais, performances, arte-acción…
Documental Acorda, escena ‘ad hoc’ para memoria histórica e patrimonio cultural_Deputación de Pontevedra.