SEGMENTO CANTÁBRICO

Segmento cantábrico é o primeiro disco en solitario de Ugia Pedreira (Marful, Nordestin@s, Chouteira, Ecléctica Ensemble, Descarga ao Vivo, A Comuna del Barruzo) que a artista asina co seu apelido.

Trae Segmento Cantábrico ar fresco do norte, o vento da súa travesía; un elegante equilibrio entre instrumentos máis orgánicos combinados coa música electrónica vintage, achegando un minipoemario. Baixo o título Atalaia Norte, nel A Pedreira plasma a inspiración que desde nena lle proporciona a conexión por vía marítima coas tribos, clans e pobos bañados polo Océano Cantábrico, desde Ortegal en Galicia, á illa de Ouessant, na Bretaña francesa.

Estamos ante un disco no que conflúen e se mesturan spoken word, poesía e canción; un álbum de composición folk, de folk progresivo, que aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano.

Letras, poemas da propia artista, do pintor e poeta vigués afincado en Londres Enrique Gavilanes, das Follas Novas de Rosalía de Castro, da poeta do Val de Lourenzá Marina Oural, do escritor Carvalho Calero ou a poeta Xela Arias, compoñen este traballo no que a bipolaridade do orgánico e o tecnolóxico, os extremos, os límites, as marxes, a música como curación, o aproveitamento e o consumo responsable dos recursos cotiáns están expostos.

O deseño e tipografías do proxecto son obra de Xavier Belho. A foto da portada é de Óscar Górriz. Da produción musical, arranxos e premesturas encargouse Pierre-Yves Rougier, no estudio Ty Awel, en Castropol. A mestura e masterización final correron a cargo de Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudios (Friol).

Colaboran Ivan Laxe, no baixo, e Alberto M. Lamas, na stelle guitar.

Segmento cantábrico é o primeiro disco en solitario de Ugia Pedreira (Marful, Nordestin@s, Chouteira, Ecléctica Ensemble, Descarga ao Vivo, A Comuna del Barruzo) que a artista asina co seu apelido.

15,00 

Categoría