Psicoloxía / Arte

Ugia Pedreira

Psicóloga · Nº Col. G-07712

Sesións individuais e grupais, charlas, cursos, talleres, conferencias.

explora, crea e transformate

A creatividade como ponte hacia o teu benestar e mellorar a tua vida! A arte, via para explorar quen es e qué qués. A linguaxe artística permitenos aceder a unha consciencia, sanar e reconectar coa nosa esencia e entorno. Porqué elexir a psicoloxía desde a arte? Porque visualizase desde varias perspectivas o interior, porque o denso convertese en tanxível e transparente, e conseguimos solucións novas a problemas actuais e antigos.

“Laboro desde unha mirada psicocorporal e expresiva, o corpo como un caderno de bitácora onde se rexistran experiencias e apegos. Desde un enfoque baseado na Creación acompaño procesos individuais, comunitarios e familiares para facilitar a toma de conciencia, desbloqueo emocional e a construción de formas mais libres e auténticas de habitar no mundo.”

O enfoque consiste en expremer o potencial creativo de cada persona como áncora para mellorar a sua vida cotiá. A arte permite entender e dar luz a sentimentos complexos e moi agochados e tamén elaboralos con destreza .Através da nosa creatividade entrenamos ao cerebro para solucións “creativas” e sermos capazes de adaptarnos a estados e situacións diversas, mentras exploramos o noso mundo interno. O proceso creativo inmersivo promove a neuroplasticidade e estimula ampla variedade de beneficios físicos e psicolóxicos: flexibilidade, pensamento diverxente, regulación emocional, conectividade funcional...

Psicoloxía infantil e escolar.

Psicoloxía infantil e escolar. Tratar a partir da arte problemáticas emocionais, conductuais e cognitivas no desenvolvimento da crianza dotandoa de ferramentas para afrontar dificultades e axudar a medrar mais saudabelmente. Recoñecer o talento e o don artístico, alimentalo a favor, é un cesto de recursos para mellorarte, de por vida.

Comunicación

Axudamos na mellora da comunicación verbal e non verbal a través de traballo específico coa palabra, a voz e a expresión corporal de xestos, posturas, proxemia ou espacio persoal para xerar mais confianza con 1 mesmx e nos demais. Darte tempo en descobrir sen medo e con naturalidade o teu movemento e a tua voz. Cais son os nudos e bloqueos que non deixan ocupar abertamente o teu lugar de forma solta e verdadeira. Cómo facerte ouvir! Que é o silenciado e cómo liberalo?

Autocoidado.

Metacognición. Atender e escoitar ao teu mundo interior e recoñecer habitos, emocións, limites… na busqueda do teu benestar mental e fisico. Tratarse ben, quererse ben, cultivar novos coñecimentos e autoconversación positiva, cultivar boas relacións con accións máis creativas e ricas. Reconectar coa esencia, coa tua misión ou función.

Coaching / Crecemento persoal.

Medrar persoalmente implica un compromiso propio donde a persoa tome a iniciativa de mellorar a sua vida e como guia axudámosche a desbloquear obstáculos. Laborar na autorealización e desenvolvimento integral (emocional, cognitivo e social) para buscar novos potenciais e autoconciencia dentro de unha mesmx. Un enfoque humanista e holístico que aumenta a proactividade, as habilidades, as vivencias e relacións.

Espazo de consciencia familiar.

Tomar consciencia das dinámicas familiares que a veces poden bloquear e/ou perturbar avances e logros persoais.Traballo que permite identificar os patróns tóxicos tanto persoais como familiares e transformalos favorecendo formas de relación mais saudábeis. Atender á arvore xenealóxica para comprender de onde vimos e cómo certas experiencias familiares influen na nosa forma de sentir e actuar. Cómo é a forma de comunicarse, os roles, as histórias que se repitem ou se silencian, vinculos dificís, mandatos familiares, lealtades invísibeis. Desbloqueo da evolución familiar.

Fortalecemento e reconexión femenina.

Incidir na soberania e na afirmación persoal femenina, a expresión libre da muller. Potenciar a forza interior, a autonomia e capacitación da tua propia vida. Redución do autosabotaxe, autoexixencia. Dotarse de autocoñecimento para tomar as decisions basadas en propia vontade. Laborar na autopercepción, no dialogo interno positivo, na autoestima, a asertividade, na comprensión do entorno social, conectar mente-corpo. Axudar a converterte en absoluta protagonista das tuas vivencias e verte acorde co que realmente sentes e necesitas.

Acompañamento para familias con diversidade funcional.

Axudarlles nas dificultades emocionais que xurden do coidado e encontrar “estratexias” para manter un certo equilibrio familiar. Orientación a pais e mais e ferramentas de resilencia ante situacións de alto risco e culpa. Cómo crear un ambiente positivo e de apoio para a persoa con discapacidade na casa e na sua contorna. Axuda na xestión do estrés familiar, acompañamento en procesos de aceptación e integración social, e orientación para mellorar a calidade de vida da familia no seu conxunto.

Acompañamento a artistas.

Apoio psicolóxico para artistas e desfrutar do oficio conseguindo un mellor equilibrio entre a vida persoal e profesional. Tratase de recoñecer o cerebro creativo, as fases do proceso creativo para asimilalo e fortalecerse nel. Podemos axudar a lidiar con: manexo de presións laborais arredor da competitividade, termos como o fracaso, o perfeccionismo, pánico escénico, bloqueos creativos, crítica, falta de motivación, perda de rumo, cambio de dirección …ou simplemente ter un espazo seguro e escuita integral onde podan explorar as emocións vinculadas á sua obra ou proxecto. Ademais aportamos ideas complementarias á mesma. Este servicio adxuntase á Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento con Marina Oural (diplomada en relacións públicas, poeta escénica) encargada de postas en escena para artistas, homenagens, galas, espectaculos conceptuais

Colaboración con traballadorxs sociais, xestorxs, mediadorxs culturais.

Escoitar o esencial para garantizar un ben estar emocional e prever o desgaste profesional dotandoos de ferramentas para xestión e conflicto, incertidumes, equilibrio e intervención comunitaria e psicosocial. Coidado mental- autocoidado /Supervisión en interacións complexas para procesar situacións delicadas / Acompañamentos reparadores, respetuosos, axustados ás necesidades dos coletivos/ “Trato empático” e edición de guias de coidados para fomentar o benestar / Mellorar as relacións externas con entidades / Criar redes de apoio/ Xestión da diversidade e convivencia para promover a coesión / Xerar entornos cooperativos /

Psicoloxía social comunitaria.

Dirixida á inclusión grupal, a asociacións culturais no medio rural, a comisións de festas, concellos, institucións en xeral. Enfocase en fortalecer as relacións, conexións e comunicacións a través de intervencións participativas que melloran a calidade de vida.A arte e cultura actuan como veículos para o cambio social permitindo que as comunidades expresen as suas experiencias, fortalezan a identidade e construian estados de resilencia en situacións de crise para ter una dimensión emocional compartida. Laborase o sentido de pertenencia, coesión social , espazos seguros e creíbeis para superar o aillamento e a soidade, para rachar barreiras comunicativas ou de exclusión. Axudamos en formar redes de apoio e novos vinculos aumentando o diálogo, a empatia, complementando visións e propósitos. O contexto artístico e cultural é unha ferramenta psicosocial para a curación colectiva, resignificando o vivido. Axudar a potenciar o tecido social e cultural da zona.

E ADEMAIS

Teremos durante o ano talleres, cursos, obradoiros con diferentes profesionais da arte e doutras disciplinas orientados a fortalecer as habilidades emocionais e sociais a través da arte, igualdade de xénero, feminismo, sexualidade, dereitos humans, nutrición holística, constelacións familiares ou meditación. Espazos seguros de reflexión e estadia donde se poda falar abertamente de identidades, cambios e compromisos desde o individual ao social. O noso espazo é de co-creación onde as persoas podas compartillar ideas, proxectos e colaborar en iniciativas creativas sen xulgar, nen competir senon apoiandose mutuamente.

En Vilavedelle, Castropol, na Casa Xú fanse retiros, residencias artísticas e cursos grupales sobre arte e saúde. Un lugar de creación en soidade ou en grupo. Zona de ensaios, de descanso, de contemplación, retiros, reunións, cursos…caracterizado por unha contorna inspiradora no occidente asturiano e moi perto da Ria do Eo, na reserva da Biosfera. A casa ten tres habitacións individuais, salón cociña, dous baños, xardín, solaina de pedra, horreo volado, wifi e unha habitación para actividades.

Séguenos en Instagram